Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

COUTO MIXTO LAMADARCOS MANDIN

UM POVO UMA FALA

COUTO MIXTO LAMADARCOS MANDIN

UM POVO UMA FALA

SOBOR DAS ORIXES DE MANDIN: O TRIANGULO CASTRO-CASTRELO-MOREIROA

19.02.16, vero fillodateresa netodorevidas

SOBOR DAS ORIXES DE MANDIN: O TRIANGULO CASTRO-CASTRELO-MOREIROA

Como a imaxinación é libre, i eu disponho de moita, vou a contarvos o que me dixeron as observacions dos caminhos, fontes e lugares do entorno de MANDIN.

Sempre sentin curiosidade por saber onde naceu Mandin. Escoitei moitas teorias pero ningunha se adaptaba ao que eu percebia no entorno, case sempre tendo presente a MIRJADEIRA (eu acordoa con jeada de sempre).

A mais de 3.000 anos os nosos AVOS vivian no CASTRO da PEDREIRA (no outeiro do PONDAL), como e loxico entrabase polo norte, sendo o sur de defensa. Desde ali contemplase pola dereita mirando para o rio tamega, a riveira do REJEIRO, e pola esquerda o rejeiro da TOUXIJEIRA,  que logo pasa por VALDECASTRO, SANTOS, CUBO, CARREGAL ate desembocar no REJEIRO.

Fai 2.000 anos chegan os ROMANOS dende CHAVES pasando por LAMADARCOS, i fanse co control de todolos CASTROS dos multiples rejeiros que habia na zoa: CASTRO GRANDE do rejeiro do Pinal, CASTRO DO SOBRALHAL no rejeiro de Fornos, CASTRO DO CIRSO no rejeiro do SOLDAN, CASTRO DA PEDREIRA no noso REJEIRO, CATRO DA CRUS no rejeiro do ATALHO, ... (tal vez en determinadas épocas os castros foron moita abundantes: en cada rejeiro o seu)

I ca excusa de culturizarnos e insinarnos o LATIN, obrigaronnos a extraer o fermoso metal do ESTANHO para fundilo nas suas avanzadas ARMAS. Noutros lados ainda fixemos pontes, edificios, ..., como en CHAVES mais o VAL DOS REJEIROS DA RAIA SECA so interesaba polos METALES.

Estabilizada a poboación, e xa todos trabalhando a reo para os novos amos do territorio), aforramos unhos cartinhos e mudamos de vivendas. Xa non fai falha castros fortificados, para iso xa estaban os soldados romanos, i empezamos a facer as primeiras casas no CASTELO, segundo nucleo do orixe de MANDIN.

Entorno o CATELO foi medrando a aldea, primeiro hacia o rejeiro en caida libre desde o cumio y acompanhando o caminho de carros que atravesaba o rejeiro polo paso natural diante da actual igrexia parroquial, para seguir polo alto do lugar caminho de tamaguelos, moito por arriba da acutal estrada, caminno que se cruzaba co chamado caminho do atalho que levava os de Rabal ate Vilaradecervos.

Establecidos no CASTELO e coa poboacion en expansión, axudada pola bo servicio de sanidade dos INVASORES, empezamos a ganar territorio ao rejeiro tanto polo lado esquerdo (onde se respeta a mirjadeira dentro do muro de contencion das terras ganadas) como polo lado dereito onde o muro aguanta as leiras da CANHEDA DAS HORTAS onde dous GARCIAS TABOADAS (cosechas e revidas) compartimos historia e vinho. Di o MINEIRO que en tempos todo esas leiras era unha vinha que pertenecia ao seu bisavo. Na actualizadade estou tratando de que unhas pocuas cepas centenarias non lhes falte de nada.

Finalmente o tringulo cerrase, pasados algunhos anos, e xa a poboación indixena facendo migas cos soldados romanos, coa POUSADA MOREIROA, onde din que os carros de caminho para sabe dios donde ( suponho que se tramsportaria os minerales cara Asturica, e o mesmo tempo no tranporte do dia a dia) paraban para un pequeno ou longo descanso. Nesta Pousada era obrigatorio reporse porque non habia outra en moito treito, tal vez foi moito concorrida porque era o paso natural de CHAVES de caminho por LAMADARCOS (non habia paso de carros por feces dabaixo) pasando por Mandin, Tamaguelos, fondo de Mourazos, Tamagos, Cabreiroa, e seguindo hacia a meseta de Vilardevos, caminho de Asturica, caminho alternativo ao de VINHAIS, BRANGANÇA,...

CASTRO CASTELO MOREIROA

 disculpenme a redaccion, mais foi escribido asegun vinha as ideas os miolos , como si estivesemos na TABERNA DO XICO, que seguro me chamaria a tencion por algunha das burradas que aqui se dice, MAIS A CABEÇA NON PARA.

que tenha bom durmir en especial os meus inspiradores, xico, julio, mineiro, farruco, manso, cosechas, o troula... 

vero netodorevidas